+034 986 09 02 04 Venres 05 de Xuño de 2020

Comeza a instalación do valado para o Desfile do Entroido


Xa están regulado o Plan de tráfico, as prohibicións de estacionamento e de circulación pola cidade na mañá e tarde do sábado, 22 de febreiro

 

O próximo sábado, 22 de febreiro, a Policía Local pon en marcha un dispositivo de tráfico co fin de garantir a seguridade viaria durante a celebración do Desfile do Entroido, dada a gran cantidade de público que atrae o evento.

Os cortes de tráfico terán a mínima duración, de tal xeito que a apertura farase a medida que transcorra o desfile e a limpeza viaria.

Procederase ao corte de tráfico nas rúas Xosé Malvar (dende o cruce con rúa A Seca ata a rotonda Loureiro Crespo), Doutor Loureiro Crespo, Benito Corbal, Michelena, Praza de España, Alameda (tramo entre Praza de España) e as rúas adxacentes (Cobian Areal, Casimiro Gómez, Lepanto e Xavier Puig ).

Os cortes de tráfico faranse a partir das 16:30 horas, excepto en Xosé Malvar (lugar de concentración das carrozas) que poderá cortarse antes (aprox. Dende as 15:00 horas), e a rúa Echegarai e Alameda, a partir das 18 horas .

As horas indicadas sempre son aproximadas.

Estacionamento prohibido

Co fin de garantir a seguridade viaria prohíbese o estacionamento en todas as rúas por onde transcorrera o desfile. As rúas Xosé Malvar, Doutor Loureiro Crespo e Benito Cordal dende o sábado a partir das 08:00 horas, e a rúa Echegaray e Alameda a partir das 15:00 horas.

Dende esta mañá o Concello de Pontevedra está a colocar os valados coa sinalización de prohibido o estacionamento. A partir das horas sinaladas procederase ao traslado dos vehículos co guindastre.

Neste operativo de tráfico a Policía Local prestará especial atención ás entradas e saídas da cidade, e fará desvíos puntuais se fora necesario e co fin de garantir a máxima fluidez do tráfico. (Ponte dos Tirantes, Rotonda San Roque, Paseo Colon co Raíña Vitoria, Eduardo Pondal con Uxío Novoneira ou Otero Pedraio con Eduardo Pondal).

 

As vías alternativas previstas son:

• Acceso e saída Avenida de Lugo (dirección Ourense)

• Cara Ponte dos Tirantes: Rotonda Montecelo, Rúa da Pomba, Santa Margarita, Camiño Vello de Castela, Xosé Malvar, Ponte dos Tirantes. Esta saída e entrada pódese ver afectada pola ocupación das carrozas na rúa Xosé Malvar o que provocará desvíos puntuais a través de Avd. Bos Aires cara Monte Porreiro.

• Zona Este : Avenida de Lugo, Xoán Carlos I. Saída e entrada pola Ponte dos Xulgados. O tráfico procedente de Doce de Novembro cara Xosé Malvar, será desviado pola rúa Estrada cara a Xoán Carlos I.

• Acceso zona Norte e Oeste: polas Avenidas Orillamar: Avenida Marín, Corbaceiras, Uruguay, Avenida Compostela, Paseo Domingo Fontán.

• Saída cara a Poio: Avenidas Orillamar: Corbaceiras, Uruguay, Ponte das Correntes.

• Recomendase a utilización da A-9 como alternativa de acceso e saída da cidade.

Dende a Policía Local de Pontevedra faise especial advertencia ao desprazamento do valado, especialmente en puntos de corte de tráfico. A sanción é de 3.000 € (C.I.R. art. 142-3) ase como facer caso omiso a unha sinalización circunstancial de entrada prohibida cunha sanción é de 200
€ (C.I.R. 154 5-A).

Estacionamentos en superficie de balde

A Policía Local de Pontevedra recomenda a utilización dos aparcadoiros en superficie e de balda das zonas de Xoán Manuel Pintos (Pavillón de Deportes), explanada Recinto Feiral, Bos Aires (terreos antiga fábrica Tafisa) , Peirao de Corbaceiras, Losada Dieguez (Xoán Carlos I) e Pintor Urbano Lugris (Avenida de Vigo).

Deja un comentario