+034 986 09 02 04 Venres 05 de Xuño de 2020

O concello de Pazos de Borbén abre o prazo de inscrición para os xogos da II Xuntanza do Pensionista


Os gañadores representarán ao municipio nas Xornadas de Xogos Populares que se celebrarán en Santiago

O Concello de Pazos de Borbén acaba de abrir o prazo de inscrición para participar na III Xuntanza do Pensionista, que se celebrará o próximo 7 de marzo. Unha tarde dedicada aos maiores da casa e os xogos familiares tradicionais. A participación é totalmente gratuíta, só é necesario ser xubilado ou pensionistas e estar empadroado no Concello de Pazos de Borbén. A xornada contará cun petisco para todos os asistentes e animación musical.
As actividades comezarán, a partir das 16:00 horas no pavillón municipal, coa celebración das primeiras partidas de xadrez, damas, parchís, tute, escoba, brisca e dominou. Os gañadores destas categorías terán a honra de representar ao Concello de Pazos de Borbén nas próximas Xornadas de Xogos Populares que se celebrarán en Santiago de Compostela.
A partir das 22:00 horas ofrecerase aos asistentes un petisco degustación ao que acompañará a celebración dun tradicional “serán popular”, con animación musical e escenario para que os veciños poidan unirse á festa cos seus propios instrumentos.
Os interesados en participar deberán inscribirse nas oficinas do Concello de Pazos de Borbén en horario matutino e na Asociación de Pensionistas de Pazos en horario de tarde. Ademais, poderanse inscribir nos seguintes teléfonos: 619 709 803, e no 687 585 653, á atención de Fran.

Deja un comentario