+034 986 09 02 04 Venres 05 de Xuño de 2020

O concello de Pazos de Borbén celebra esta fin de semana o seu Festival Infantil de Entroido


A celebración dividirase en dúas xornadas na que os escolares do municipio serán os protagonistas
O Concello de Pazos de Borbén celebra esta fin de semana o seu tradicional festival de entroido dirixido aos máis pequenos do municipio. A celebración terá dous escenarios e desenvolverase en dúas xornadas consecutivas. O venres, o tradicional desfile de disfraces que os alumnos do CPI Curros Enríquez celebraban na Praza do Concello trasladarase ao colexio por motivos climatolóxicos. O sábado terá lugar o habitual festival infantil no pavillón municipal.
Os festexos de entroido comezarán o venres, a partir das 10:30 horas, coa tradicional visita á Casa do Concello dos alumnos do CPI Curros Enríquez na que o alcalde, Andrés Iglesias, entregará a cada neno un xoguete infantil e os seus esperados doces de Entroido. A celebración terminará cunha deliciosa cunca de chocolate acompañada dunha ración da raia.
O sábado, ás 17:00 horas, o pavillón municipal acollerá un ano máis o festival infantil de entroido no que nenos de todo o municipio acoden disfrazados a gozar dunha tarde chea de xogos, diversión e, como non, de agasallos. Non faltarán as atraccións inchables, a música e o habitual chocolate con rosca para todos os asistentes.

Deja un comentario