+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

Protección Civil Oitavén-Tea e a Asociación Galega de Técnicos de Emerxencias Sanitarias (ASGATE) asinan un convenio de colaboración formativa


Este acordo permitirá incrementar a formación dos voluntarios de Protección Civil no ámbito da prevención e das emerxencias sanitarias

A Asociación Galega de Técnicos de Emerxencias Sanitarias (ASGATE) e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Oitavén-Tea asinaron un convenio de colaboración formativa en materia de prevención no ámbito da protección civil e nas emerxencias sanitarias grazas ao cal os voluntarios desta agrupación, que comprende os concellos de A Lama, Fornelos de Montes, Mondariz-Balneario, Mondariz e Covelo, recibirán formación nesta materia.

O acordo foi asinado cunha vixencia dun ano no Concello da Lama polo presidente de ASGATE, Emilio Francos, e a presidenta da Agrupación de Protección Civil Oitavén-Tea, Mónica Oliveira Martínez, en presenza de David Carrera, tenente de alcalde deste concello, quen aproveitou para realizar unha visita á subsede de Protección Civil nesta localidade que se agarda que se poña a disposición desta Agrupación a través dos novos voluntarios deste municipio que xa teñen realizado os preceptivos cursos de capacitación para presetar este labor.

Entre os puntos que recolle este acordo formativo se especifica que ámbalas dúas organización recoñecerán e validarán as accións formativas que expidan as dúas entidades, compartirán sen limitacións os coñecementos técnicos, técnicos, docentes e experiencia e cooperarán para promover programas e recursos de investigación e desenrolo no eido da prevención no ámbito da protección civil, e nas emerxencias sanitarias, sempre que se utilicen con fins non comerciais e sen perxuizo dos dereitos que cada parte pudera ter pola súa creación ou propiedade intelectual.

Tamén grazas a este acordo unificarán os criterios técnicos, docentes e de avaliación creando programas de traballo e sistemas de cualificación unificados que se utilicen conxuntamente, así como promover a súa expansión entre outras entidades e, en xeral, a súa difusión entre o gran público, a travás da creación de accións e publicacións de carácter técnico que faciliten o seu intercambio e extensión.

Deja un comentario