+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

Política Social felicita a Aldeas Infantiles polo seu labor no apoio socioeducativo dos menores usuarios dos centros de día


O Goberno galego destaca a importancia da colaboración con entidades especializadas na atención e protección da infancia

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou hoxe o centro de atención de día para menores de Ponteareas, onde felicitou a Aldeas Infantiles polo seu labor no apoio socioeducativo e familiar dos menores usuarios.

Este centro forma parte da rede de instalacións que a entidade ten pola nosa Comunidade e coa que a Administración autonómica mantén unha colaboración regular. Amparo González gabou o traballo realizado pola entidade para proporcionar unha atención especializada e adaptada ás necesidades dos menores e favorecer así ao seu pleno desenvolvemento persoal.

A directora xeral destacou a importancia de que as administracións manteñan un contacto directo coas diferentes entidades especializadas na atención á infancia para garantir unha atención de calidade e individualizada a cada caso. Neste sentido, agradeceu a Aldeas Infantiles por contar coa Xunta de Galicia nos seus proxectos e iniciativas.

Deja un comentario