+034 986 09 02 04 Venres 05 de Xuño de 2020

Política Social coñece ás persoas voluntarias que participan na Asociación Cultural o Castro de Baión


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, compartiu esta tarde experiencias no eido do voluntariado coa Asociación Cultural O Castro de Baión, que recibiu axudas autonómicas para o fomento de actividades solidarias.

Entre outras actividades, esta entidade realiza accións de axuda a maiores e persoas con discapacidade. Tamén protagoniza actuacións no eido da prevención e sensibilización contra os malos tratos ás mulleres centradas no ámbito rural, dentro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Deja un comentario