+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

O concello de Nigrán celebra a súa Xunta Local de Seguridade para adherirse ao Sistema «Vio-Gen» de seguimento integral de casos de violencia de xénero


A corporación aprobou por unanimidade unha moción feita polo goberno con motivo do 25-N que inclúe adherir o municipio ao sistema ‘VioGen’ de seguimento integral de casos de violencia de xénero

O Concello de Nigrán celebrou esta mañá unha Xunta de Goberno Local presidida pola subdelegada de Goberno, Maica Larriba, e o alcalde, Juan González, con motivo da recente petición de adhesión do Concello ao sistema ‘VioGen’ de seguimento integral de casos de violencia de xénero. Esta cuestión fora presentada polo goberno local ao pleno de novembro pasado obtendo un respaldo unánime.

O Sistema VioGen púxose en funcionamiento no ano 2007 co obxectivo de establecer unha rede que permita o seguimento e protección de forma rápida, integral e efectiva das mulleres maltratadas, e dos seus fillos, en calquera parte do territorio nacional. Os municipios que forman parte do Sistema VioGen subscriben un convenio coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e outro co Ministerio de Interior. Asimesmo, a Policía Local de cada concello firma un protocolo de coordinación e colaboración co corpo que, a nivel nacional, ten a competencia na demarcación, neste caso a Guardia Civil. No protocolo delimítanse as funcións da Policía Local no eido da violencia de xénero, e se define o seguimento e reparto dos casos.

«Un paso máis no que sumar esforzos é imprescindible. A sintonía da Policía Local de Nigrán e a Guardia Civil é absoluta, polo que adherirnos ao sistema VioGen vai ser algo moi positivo para loitar contra esta lacra», resume o rexedor.

Deja un comentario