+034 986 09 02 04 Sábado 30 de Maio de 2020

A DXT, interesada en incorporar no Regulamento estatal parte da Ordenanza de Mobilidade de Pontevedra


 A aposta pola mobilidade peonil, os sistemas de redución de velocidade e os aparcadoiros de servizos centraron os
principais puntos de interese

Pontevedra é un dos catro concellos do Estado cos que a DXT está a manter unha serie
de xuntanzas previas á reforma do ‘Reglamento General de Circulación en ámbito urbano’
(os outros tres son Sevilla, Valencia e Barcelona). Por este motivo un equipo da DXT
encabezado polo xefe da Unidade de Ordenación Normativa, Javier Villalba, e pola xefa
provincial de Tráfico, Paula Yubero, achegouse a semana pasada ao Concello de
Pontevedra para reunirse co equipo municipal de Mobilidade, encabezado polo
concelleiro responsable desta área, César Mosquera.
O principal interese por parte da DXT era recoller achegas e coñecer a opinión do
Concello para abordar a reforma da regulación estatal de circulación urbana toda vez que
considera que a actual «é obsoleta e escasa». Neste marco, desde o Concello
presentóuselle como proposta de traballo o texto da nova ‘Ordenanza reguladora da
mobilidade amábel e da utilización dos espazos públicos no Concello de Pontevedra’ que
irá á aprobación inicial no Pleno do vindeiro luns. En base á nova ordenanza municipal,
desde a DXT manifestaron interese en incorporar no regulamento estatal cuestións como
a aposta pola mobilidade peonil, os sistemas de redución de velocidade ou novas
fórmulas de estacionamento por tempo limitado que superen o tradicional sistema de
carga e descarga, como o aparcadoiro de servizos por 15 minutos implantado en
Pontevedra.

Gabinete de Comunicación. Alcaldia
comunicacion2@pontevedra.eu
www.pontevedra.gal

O modelo de mobilidade desenvolvido en Pontevedra, xa coñecido pola DXT en encontros
anteriores (o último tivera lugar en Madrid e participara o alcalde en calidade de
presidente da entidade Cidades que camiñan), foi un dos elixidos para servir de referencia
na concepción da reforma do regulamento estatal por ser un modelo implantado con éxito
e que achega un traballo previo xa contrastado. Desde a DXT manifestaron a necesidade
de concibir a reforma da regulación sobre circulación urbana atendendo a novas
xerarquías na mobilidade, posto que o actual regulamento está demasiado enfocado ao
tráfico motorizado, polo que o seu interese se centra en modelos e medidas que
favorezan e prioricen a mobilidade peonil.
Ademais da aposta pola mobilidade peonil e o interese polos novos sistemas de
estacionamento, desde a DXT tamén se abordaron cuestións relativas á circulación de
bicicletas e vehículos de mobildiade persoal, camiños e rutas escolares seguras, ou
restriccións medioambientais.

Deja un comentario