+034 986 09 02 04 Sábado 30 de Maio de 2020

Protección Civil supera o medio milleiro de servizos anuais para a atención da cidadanía e das incidencias


A entidade conta cun elevado grao de especialización grazas á formación do plantel e a dotación de medios por parte da Xunta
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-
Cotobade está a piques de cumprir tres anos dende a súa conformación actual e xa supera

claramente o medio milleiro de servizos anuais para a atención da cidadanía e das incidencias,
segundo o balance revelado polo seu presidente, o concelleiro Javier Lois Abal.
A agrupación unificou a súa denominación e cobertura de todo o territorio, tras o proceso de
fusión de ambos concellos, en maio de 2017 xurdindo da entidade que xa operaba no termo de
Cerdedo. E nestes menos de tres anos vén de acadar un elevado grao de especialización e unha
acción de rápida resposta ante calquer emerxencia grazas á formación constante do persoal e á
dotación de importantes medios materiais por parte da Xunta, o que a converte nunha das
agrupacións máis importantes e efectivas da provincia de Pontevedra.
Así, no pasado exercicio acometeu un total de 550 operativos, dos que 300 foron de carácter
xeral, destacando a atención en accidentes de tráfico, gando solto ou presenza en eventos, e os
outros 250 centráronse na retirada de niños de vespa velutina.
Ademais, o colectivo, que está a piques de cumprir o seu primeiro ano baixo a dirección de
Javier Lois –tomou posesión en marzo de 2019–, tamén incrementou neste tempo o seu persoal,
xa que arrancou con 12 persoas e na actualidade xa dispón de 15 efectivos posto que ao máximo
responsable hai que engadirlle sete voluntarios para dar cobertura ao territorio de Cotobade e
outros tantos para o de Cerdedo.
Paralelamente, a agrupación foise dotando, grazas á estreita colaboración da Xunta de Galicia,
de importantes medios materiais para a atención das incidencias do concello e xa conta con tres
vehículos, unha furgoneta pick-up e un camión de extinción de lumes, unha máquina
esparexedora de sal, un remolque multifuncional de emerxencias con iluminación, unha tenda
de campaña de grandes dimensións e ferramentas diversas, dende motoserras ata os equipos de
retirada de niños de velutina, entre moitos outros.

Deja un comentario