+034 986 09 02 04 Sábado 30 de Maio de 2020

A Xunta adxudica a redacción do proxecto que completa todos os movementos de entrada e saída desde Dozón á autoestrada AG-53


O proxecto adxudicado definirá o ramal que se prevé construír no enlace de Dozón para posibilitar a saída da AG-53 dos vehículos procedentes de Ourense
A Xunta vén de adxudicar a redacción do proxecto que completa todos os movementos de entrada e saída desde Dozón á autoestrada AG-53.

Este contrato, adxudicado á empresa Iceacsa Consultores por un importe de case 11.000 euros, definirá o ramal a construír no enlace de Dozón para posibilitar a saída da AG-53 dos vehículos procedentes de Ourense.

Esta actuación completa o enlace de incorporación dende a estrada N-525 á AG-53, dirección Ourense, cuxo proxecto xa se redactou e someteu a información pública.

Así, estas dúas intervencións farán posibles tanto a entrada como a saída a esta infraestrutura, en sentido Ourense, dende Dozón.

Na actualidade estase a traballar para incorporar ao proxecto as modificacións resultado das alegacións.

A construción dun acceso á autoestrada é unha vella demanda deste municipio pontevedrés, que na actualidade só conta cun semienlace para acceder a esta vía de alta capacidade en dirección a Santiago.

O novo enlace evitará que os veciños de Dozón deban desprazarse ata Piñor para acceder á autovía con sentido a Ourense.

Deja un comentario