+034 986 09 02 04 Sábado 30 de Maio de 2020

A fotografía de Pedro Fernández gañadora da campaña “Tui é un amor, namórate de Tui”


A súa publicación en Instagram rexistrou case mil Me Gusta. Un conxunto de fotografías de Abraham Álvarez foron as segundas con máis “likes” e unha imaxe de Ideas Peregrinas a terceira
Pedro Pablo Fernández Pérez con 968 Me Gusta na súa fotografía en Instagram na que aparece unha parella na praza de San Fernando, co Love instalado neste lugar, é o ganador da campaña “Tui é un amor, namórate de Tui”. Poderá disfrutar dunha noite para dúas persoas en Aloia Nature.
Un total de 259 Me Gusta recibiu o conxunto de fotografías dos elementos da campaña publicadas por Abraham Alvarez Alonso en Instagram. Disfrutará dunha cea para dúas persoas en Época.
A terceira fotografía que máis Me Gusta rexistrou foi a publicada por Ideas Peregrinas do “banco do amor”, tamén en Instragram, que acadou 228 “likes”. O premio neste caso é un estoxo de viño de Adegas Vimbio.
Dende o Concello de Tui quérese agradecer a participación de todas as persoas que participaron na campaña compartiron as súas fotografías nas redes sociais e explicando porque “Tui é un amor”.

Deja un comentario