+034 986 09 02 04 Sábado 30 de Maio de 2020
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Deputación destina preto de 230.000 € para a contratación do servizo de asistencia técnica educativa de DepoAventura a Lanzada 2020


O campamento vai incluír actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos, arte, medioambiente, igualdade e desenvolvemento persoal e social

Tras dar o pistoletazo de saída ao programa “DepoAventura A Lanzada” coa oferta de 2.200 prazas para nenas e nenos da provincia, o Goberno da Deputación vén de aprobar o contrato para a prestación do servizo de asistencia técnica educativa no campamento, por valor de 227.836,11€. En liñas xerais o obxectivo de DepoAventura é ofertar unha programación que inclúa actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos, arte, medioambiente, igualdade e todas aquelas encamiñadas a acadar un desenvolvemento persoal e social que favoreza a comunicación e o dinamismo multicultural das nenas e dos nenos.

As empresas interesadas en optar ao contrato de asistencia técnica educativa de DepoAventura terán que presentar un proxecto lúdico que reflicta os obxectivos do programa, a estrutura funcional de cada quenda do campamento, a descrición do equipo responsable da execución do contrato (entre os que se ten que atopar, ao menos, unha persoa directora, 20 monitoras/es, 1 persoa graduada en enfermería/medicina ou equivalente e 1 persoa socorrista), a planificación das actividades en cada quenda de campamento, a descrición dos materiais que van ser empregados nas actividades, a organización de actividades fóra do recinto do Centro de Vacacións da Lanzada (que deben incluír, ao menos, unha visita á illa de Ons e outra de carácter cultural, deportiva ou relacionada coa natureza) e a especificación das medidas de seguridade propostas.

A través de “DepoAventura A Lanzada” a institución provincial oferta 2.200 prazas, 300 delas gratuítas, para que nenas e nenos da provincia, con idades comprendidas entre os 8 e 13 anos, poidan desfrutar do seu tempo de lecer no verán. Os campamentos estrutúranse en 11 quendas, de 7 días de duración cada una e cun máximo de 200 participantes, que comezarán o 21 de xuño e se estenderán ata o 5 de setembro.

Deja un comentario