+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

O BOPPO publica as subvencións municipais ao emprego en entidades sen ánimo de lucro por valor de 1,1 millóns


As solicitudes poderán ser presentadas durante os próximos dez días hábiles co fin de que as entidades veciñais, culturais, socioasistenciais, sindicais, empresariais, deportivas e as comunidades de montes poidan contratar a profesionais.

O rexedor deu conta este venres da publicación no Boletín Oficial da Provincia do programa municipal que apoia a contratación de profesionais en organizacións sen ánimo de lucro, reforzando a súa capacidade de acción e fortalecendo o tecido social vigués.

O Concello destina unha contía específica de 1,1 millóns de euros dos que reserva 245.000 euros para as asociacións veciñais e culturais, 330.000 euros para as sociais e asistenciais, 25.000 euros para as organizacións sindicais, 200.000 euros para as empresariais, 145.000 euros para comunidades de montes e 205.000 euros para entidades deportivas.

Deja un comentario