+034 986 09 02 04 Venres 05 de Xuño de 2020

Tui celebra mañá o desfile concurso de Entroido con trece comparsas participantes


Comezará ás 17 h nas rúas novas da cidade. Mañá é festivo local en Tui.
Mañá ás 17 h comezará en Tui o Desfile Concurso de Entroido establecido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense, A Guarda e Mondoñedo. Está organizado polo Concello de Tui a través da Concellería de Cultura. Mañá martes é festivo local en Tui.
Trece comparsas participarán neste evento festivo con 18 carrozas e preto de 900 persoas.
Participan cinco comparsas de Tui Arume de Malvas, Cantos Somos; da Comisión de Festas de Nosa Señora da Guía de Randufe, Entroido de Pexegueiro e Lembranzas da Terra de Guillarei. Haberá dúas comparsas de Salceda Borralliño de Soutelo i En Loureiro como Sempre da Picoña. Amais están inscritas Luces de Tomiño; Terra de Condes de Redondela; asociación cultural de Pontellas do Porriño; Parada do Miñor de Nigrán; O Millor de Cada Casa de Vincios de Gondomar e Barca de Loimil de Arbo.
Neste concurso repartiranse 5.600 euros e trofeos nos 18 premios establecidos en catro categorías: xeral, carroza, acompañamento musical e fantasía. Mentres o xurado delibera actuará o grupo Aramio, que continuará amenizando musicalmente a tarde tras a entrega dos premios.
Restricións no tráfico
Debido á celebración do Desfile Concurso de Entroido mañá martes 25 de 14 a 21 h estarán pechadas ao tráfico e ao estacionamento as rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense, A Guarda e Mondoñedo. Amais o tramo da rúa Ourense comprendido entre a rúa Maristas e a rúa Compostela estará pechada ao tráfico e non se poderá estacionar dende ás 10 h da mañá do martes 25 até ás 2 h da madrugada do mércores 26.
Debido á celebración do desfile as paradas do autobús situadas na rúa Ourense mañá martes de 12 a 00 h realizaranse no Paseo da Corredoira.

Deja un comentario