+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

Fabiola García visia a unidade de atención temperá do concello de Mos


A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta tarde acompañada pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, a unidade de atención temperá do Concello de Mos, que atende a 45 nenas e nenos e onde destacou a importante labor que realizan os seus profesionais para axudar ás familias deste municipio e da súa contorna.

Fabiola García sinalou que as nenas e nenos que acoden a este centro melloran a súa autonomía e calidade de vida gracias a un asesoramento individualizado e adaptado ás súas necesidades. Neste sentido, agradeceu aos traballadores e responsables do centro pola súa implicación e traballo.

Deja un comentario