+034 986 09 02 04 Venres 14 de Agosto de 2020

A Xunta destaca a calidade asistencial da residencia de maiores de Marín


O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, visitou hoxe a residencia de maiores de Marín, onde destacou a calidade asistencial das súas instalacións. Ildefonso de la Campa aproveitou esta visita para coñecer de primeira man as necesidades dos responsables das instalacións e tamén dos seus usuarios.

Ademais, subliñou a importancia de que as administracións públicas acheguen solucións para que as galegas e galegos de máis idade poidan escoller onde pasar esta etapa das súas vidas, xa sexa nas súas casas e coas súas familias ou se requiren atención residencial.

Deja un comentario