+034 986 09 02 04 Xoves 02 de Abril de 2020

O Concello programa a ITV de vehículos agrícolas para o 18 de marzo no aparcadoiro do campo das Extremas


•As persoas interesadas en superar esta inspección para os tractores e vehículos do agro xa poden pedir a cita previa no teléfono 902 309000
O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de programar unha visita
itinerante da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) agrícolas para o vindeiro mércores 18 de
marzo nas inmediacións do campo de fútbol municipal das Extremas, na parroquia cotobadesa
de Rebordelo.
As persoas interesadas en superar esta inspección, de periodicidade obrigatoria para todos os
tractores e demais vehículos do agro, xa poden facer a reserva da súa cita, de xeito, previo,
chamando ao número de teléfono 902 309000. Dende o Concello recoméndase facerse cunha
praza porque pode ser que se completen e non se poida atender ás persoas que comparezan na
unidade móbil sen cita previa.
Cómpre sinalar que esta ITV agrícola, prestada pola empresa Supervisión y Control, estará a
disposición dos veciños, o xa citado 18 de marzo, en quenda de mañá dende as 9.30 ata as 13.30
horas. O emprazamento será, como é habitual, o aparcadoiro do campo de fútbol, xa que conta
cunhas grandes dimensións axeitadas para acoller á unidade móbil e aos vehículos durante o
período de agarda.

Deja un comentario