+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

Política Social informa na escola infantil de titularidade autonómica da Parda en Pontevedra sobre a gratuidade para segundos fillos e sucesivos


A escola da Parda ten un total de oito unidades e 115 prazas

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe a escola da Parda, no Concello de Pontevedra. Esta escola conta con oito unidades e 115 prazas das que a súa totalidade están ocupadas. Durante a visita o xerente aproveitou para informar ás traballadoras sobre a implantación da gratuidade das escolas infantís para os segundos fillos e sucesivos.

Perfecto Rodríguez, que estivo acompañado do delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, indicou que a medida será de aplicación automática nas escolas que xestiona a Xunta a partir do 1 de abril. O xerente informou ás traballadoras do centro sobre a medida para facilitar a transmisión desta información a tódalas familias usuarias da escola. Ademais recordou que a gratuidade será aplicada sobre a atención educativa e que outros servizos como o de comedor seguirán correndo a cargo das familias.

Durante a visita destacou o servizo que se presta neste centro non só como recurso de conciliación para as familias pontevedresas senón tamén subliñou a satisfacción co proxecto educativo das escolas públicas da rede autonómica. No Concello de Pontevedra a Xunta xestiona un total de seis escolas, cun total de 500 prazas. Ademais desta escola da Parda, son de xestión autonómica a do Campus, Monteporreiro, Campolongo, O Toxo e a do Complexo Administrativo.

Deja un comentario