+034 986 09 02 04 Venres 05 de Xuño de 2020

A III Xornada da Liga Galega de Boxeo Infantil chega este sábado a Marín


O evento deportivo celebrarase no pavillón do San Narciso a partir das 11.00 horas e está organizado polo equipo local Team Thunder.

O boxeo volta a Marín este sábado, 29 de febreiro, ca III Xornada da Liga Galega de Boxeo Infantil, que terá lugar no colexio San Narciso. Desde as 11.00 horas da mañá, o club organizador, Team Thunder Marín, ten previsto que os máis novos do boxeo galego compitan por subir postos na clasificación da Liga.

Para esta xornada, xa hai apuntados un total de 140 rapaces e rapazas de todos os puntos de Galicia e o número aínda crecerá máis. O club anfitrión presenta nesta edición a un total de 40 nenos e nenas, que optarán a unha boa puntuación ca que renovar o título alcanzado o ano pasado, cando foron campeón da liga.

Actualmente, o club marinense ten a varios boxeadores liderando a competición. Nas categorías de menos de oito anos, Martín Grandío e Sofía Soto son líderes, namentres que nas categorías de entre 15 e 16 anos, David González e Yohana Jiménez tamén ocupan os primeiros postos.

Deja un comentario