+034 986 09 02 04 Venres 05 de Xuño de 2020

Con nove comparsas, o Desfile de Entroido da Lama acada nesta edición o récord de participantes nesta categoria


Entre os máis de mil desfilantes haberá persoas disfrazadas de Ponte Caldelas, Fornelos, Cerdedo-Cotobade e do propio municipio que xa formalizaron a súa inscrición no Concello

A comparsa Os Miúdos, de Arcade, súmase ás oito comparsas que tradicionalmente participan no Desfile do Entroido da Lama que este ano terá lugar o sábado 29 de febreiro a partir das 17 horas e se convertirá nunha homenaxe ao Conde Cabanelas, emigrante de Covelo impulsor do Carnaval de Río de Janeiro e dos sambódromos.

Ademais das nove comparsas xa confirmadas, Amoriños de Bora, 100 Tolos, Os Canecos, Os da Cana, As Flores do Carnaval, Os Paparrulos, As Sonecas, Os Solfamidas e Os Miúdos, están inscritos xa grupos compostos por numerosos figurantes provenintes de lugares tan dispares como Marín, Monte Porreiro, Campolameiro, Campelo, Arcade, Bora, Salcedo, ademais de Ponte Caldelas, Fornelos de Montes, Cerdedo-Cotobade e o propio municipio da Lama. Tamén está anotado un gran número de persoas que participan en categoría individual ou por parella no concurso de disfraces dotado de importantes premios en metálico.

Asemade, coa intención de incentivar a participación de grupos da comarca do Verdugo-Oitavén, habilitáronse dúas categorías: local e visitante, dotadas con suculentos premios por igual para favorecer a asistencia e a compensación en premios para os mellores disfraces. Por local a organización entende aqueles participantes domiciliados nos municipios de Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes e A Lama.

Todas aquelas persoas e grupos que queiran participar na edición deste ano poderán inscribirse ata este xoves, nas oficinas municipais, en horario de 9 a 14 horas, cubrindo un impreso normalizado facilitado para ese efecto antes do venres 16 de febreiro. O impreso deberá ser presentado no Consistorio, a Biblioteca Municipal e/ou por fax (986 76 82 82).

Os premios do desfile aos que se poderán optar son os seguintes:

a) Comparsas:

1º Premio……………Trofeo e diploma como Raíña do Entroido.

2º Premio……………………………….Trofeo e diploma do 2º Posto.

3º Premio…………….Trofeo e diploma acreditativo do 3º Posto.

 

b) Grupos:

1º Local………………200 euros. 1º Visitante……..200 euros.

2º Local……………….150 euros. 2º Visitante…….150 euros.

3º Local………………..100 euros. 3º Visitante.…….100 euros.

 

c) Individuais/ Parellas

1º Premio único…………………………………..75 euros.

2º Premio único…………………………………..50 euros.

3º Premio único…………………………………..30 euros.

d) Agrupación Infantil Único premio…….50 euros.

A, organización poderá deixar deserto calquera dos premios previstos en función de que se considere que ningún dos participantes reúne méritos suficientes para poder levarllo.

O xurado será independente da organización e do Concello da Lama e estará formado por 5 persoas pertencentes ao tecido asociativo deste municipio. O fallo do xurado será inapelable e será emitido ao final do percorrido do desfile, durante o baile de disfraces que estará amenizado por un conxunto musical.

As comparsas terán un mínimo de 15 participantes e poderán estar acompañadas de carroza, valorándose que a música sexa en directo realizada con instrumentos musicais e interpretarán as súas composicións e pasacalles de entroido. Deberán tamén gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación.

En canto aos grupos que poden participar no concurso e o desfile de entroido na Lama deberán estar formados por un mínimo de 5 integrantes, poderán ir acompañados de carroza e terán tamén que gardar unha unidade temática. Polo que respecta os disfraces individuais que entren en concurso valoraráselles a súa orixinalidade e dificultade na súa elaboración así como o bo humor desenvolvido polo participante.

FINAL CON CHOCOLATE, ROSCA E TRES. COM

O fin de festa, que se celebrará na Alameda da Lama estará marcado pola repartición gratuíto de chocolate co rosca entre o público e as persoas participantes no desfile e a diversión a cargo do conxunto musical TRES. COM que amenizará a xornada para combater o frío e o exceso de calorías cun bo baile.

Deja un comentario