+034 986 09 02 04 Martes 20 de Outubro de 2020

O Concello refai o proxecto de centralidade de Tomeza ao non poder intervir en San Cibrán e San Pedro


A Dirección xeral de Patrimonio da Xunta entende que nestes ámbitos hai que facer unha escavación arqueolóxica o que demoraría moito o proxecto, que está financiado con fondos FEDER

O Concello de Pontevedra vén de refacer o proxecto de centralidade parroquial de
Tomeza financiado cos fondos europeos FEDER e que tiña previsto actuar en catro
ámbitos distintos da parroquia: a contorna do Local social de Lusquiños, a zona de
lecer e deportiva de Casal do Río (o Alcouce), e as contornas de San Pedro de
Tomeza e de San Cibrán. Presentado o proxecto ante a Dirección Xeral de
Patrimonio, este organismo da Xunta acorda non outorgar autorización ás melloras
de San Cibrán e de San Pedro ao entender que é preciso unha intervención
arqueolóxica de maior envergadura que a prevista.
Ante esta situación e dado que a obra se financiaría con fondos europeos que
precisan dunha xustificación temporal moi axustada, o Concello acorda sacar estas
dúas actuacións do proxecto de financiamento europeo e destinar as contías
sobrantes a executar o núcleo de centralidade de Marcón, arredor de 500.000 euros.
Ao tempo, o Concello non renuncia a actuar nestes dous ámbitos pero xa sería con
fondos propios e atendendo aos tempos que requiren as esixencias da Xunta.
O proxecto de Tomeza
O proxecto de actuación de Tomeza que estaba imputado aos fondos FEDER tiña
unha contía de 1.030.567,47 euros e actuaba nunha superficie global de 12.713 m2.

Gabinete de Comunicación. Alcaldia
comunicacion2@pontevedra.gal
www.pontevedra.gal

No que respecta á igrexa de San Pedro de Tomeza, o proxecto incluía a sinalización
de máis de 50 prazas de estacionamento, limpeza e rexeneración da zona verde,
consolidación dos muros e das ruínas da edificación (Casa reitoral) existente,
conservación da cuberta do alpendre e mellora do acceso peonil a este recinto.
Sobre o ámbito da capela de San Cibrán, a actuación consistía en limitar o acceso
de vehículos á capela, a delimitación do espazo do adro onde se celebra a festa,
demolición do palco existente, consolidación estrutural do miradoiro eliminando
certos elementos que son un perigo para as persoas.
Os proxectos que si se manteñen dentro da financiamento dos fondos FEDER son o
do parque e as instalacións deportivas de Casal do Río onde está previsto mellorar o
peche perimetral, ordenar as pistas deportivas e instalar mobiliario deportivo:
porterías, canastras…; mellorar a zona de recreo (instalación de espazos de
merendeiro e acondicionamento da parcela arborada), diferenciar visualmente a
estrada e sinalizar o estacionamento e parada do autobús.
Na contorna do Local social de Lusquiños tamén se mellorará o peche perimetral,
paviméntase o acceso con usos diferenciados: ao Centro cultural, e unha segunda
entrada de pedra do país no que poderán estacionar vehículos; aproveitarase un
desnivel do terreo para crear un banco corrido, que estará conectado coa parte baixa
da parcela cunhas escaleiras e unha rampla. Tamén se mellorará a parte baixa da
parcela con xabre consolidado onde se instalará unha churrasquería, mellorarase o
espazo infantil e toda a accesibilidade da parcela.
O proxecto de Marcón
A metade do investimento do proxecto de Tomeza destinarase a conformar e
consolidar o núcleo de centralidade de Marcón creado entorno á Casa parroquial,
onde se atopan os distintos campos da festa.
Entre as actuacións previstas está a repavimentación da contorna do campo da
festa, facer un tratamento de consolidación do firme no ámbito de propiedade
municipal, canalizar as augas pluviais e crear unha senda que conecte a Casa
parroquial coa igrexa a través do paso de peóns. Tamén inclúe mellorar a conexión
cos lugares de Valadares e o Carrasco a través dunha vía moi estreita, polo que se
lle dará só preferencia peonil con acceso aos vehículos agrícolas que atenden ás
fincas; e mellorar a conexión cos lugares de Sabarís e Pintos.

Gabinete de Comunicación. Alcaldia
comunicacion2@pontevedra.gal
www.pontevedra.gal

Tamén se solicitará á Deputación e á Xunta a colaboración en vías e espazos da súa
propiedade: no acceso ao Campiño, no primeiro caso; e na pavimentación do
estacionamento da Casa da parroquia, no segundo.

Deja un comentario