+034 986 09 02 04 Xoves 02 de Abril de 2020

Tui despide o Entroido este domingo coa celebración do Enterro do Bacallau


Tui despide este domingo, 1 de mazo, o Entroido coa
celebración do Enterro do Bacallau.
Este evento comezará ás 19.30 h na Praza de San Fernando dende onde partirán os
membros das 12 comparsas que desfilaron o martes nas rúas novas da cidade, así coma
todas aquelas persoas que o desexen, de rigoroso loito.
O percorrido irá pola rúas Seixas, Porta da Pía, Ordóñez, Paseo da Corredoira, con parada
no Cantón de Diómedes para realizar o funeral ao finado Bacallau. A comitiva continuará
polas rúas Augusto González Besada, Ourense e rematará no Aparcadoiro Municipal, onde
terá lugar a cerimonia de incineración para dar remate á festa.
Segundo o establecido nas bases a comparsa Cantos Somos será a portada do Bacallau por
se os gañadores da categoría Xera, e serán a escolta ao ser os gañadores do
Acompañamento Musical. Mentres a comparsa do Entroido de Pexegueiro, por ser os
gañadores en Carrozas, son os encargados da fabricación do Bacallau.
Restricións no tráfico
Debido á celebración do Enterro do Bacallau o domingo dende ás 11 h ás 22 h estará
pechada o aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica, e por tanto non se
poderá estacionar no mesmo.

Deja un comentario