+034 986 09 02 04 Xoves 02 de Abril de 2020

Plan de Mobilidade, Linea de Alta Tensión e o Salto de Sela e seguridade foron os temas tratados na reunión convocada polo concello de arbo


Plan de Mobilidade Urbana Sustentable, información sobre as alegacións presentadas polo Concello de Arbo ao expediente do Salto de Sela e a Linea de Alta tensión foron os temas a tratar polo Alcalde, técnicos do PYMUS e Corpos de Seguridade de Arbo

Dentro do Plan de Mobilidade Urbana Sustentable se presentará as liñas extratexicas plantexadas e as principais accións e medidas propostas a curto, medio e longo prazo, donde o publico asistente poderá realizar as consultas que cree conveniente.
Tamén na reunión o Sarxento da Garda Civil de Arbo, deu nocións basicas e consellos para unha mellor seguridade nas viviendas.
O Salto de Sela e a Linea de Alta tensión, dos asuntos de máxima importancia para os veciños e veciñas arbenses, cos que o Concello de Arbo e afectados levan loitando durante moitisimos anos e que é ademáis unha das principais preocupación deste alcalde e o seu goberno – Informa Horacio Gil . Na reunión se informará sobre as alegacións que se presentarón en contra do Salto de Sela e tamén sobre os últimos datos recollidos sobre a Linea de Alta tensión, e sobre o Plan de Mobilidade Sustentable do Concello de Arbo que ten como obxetivo establecer unha estratexia para mellorar a mobilidade durante os proximos anos, e facela máis eficiente, máis segura, máis accesible e mais responsable medio ambientalmente, polo que tendo en conta que son temas que afectan a todolos arbenses, todos os veciños e veciñas deberían asistir ao acto, rematada o rexedor.

Deja un comentario