+034 986 09 02 04 Luns 23 de Novembro de 2020

Últimos días para inscribirse no catálogo de propostas culturais de Ponteareas


O concelleiro de Cultura informa que ata o día 6 poderán inscribirse todas aquelas iniciativas artísticas que existen no concello
A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, informa da publicación das basesque tan só quedan catro días para inscribirse no catálogo de propostas culturais do concello de Ponteareas para o ano 2020.
Ata o día 6 de marzo os grupos de música, teatro, danza e outras modalidades artísticas poden inscribirse neste catálogo que ten unha tripla función, dota ás entidades interesadas dunha ampla oferta de propostas culturais, promociona as iniciativas artísticas locais e impulsa a riqueza da cultura popular existente no noso concello.
Fernando Groba explica que pretende ser ademais un instrumento vivo, útil e eficaz para o coñecemento das diferentes iniciativas artísticas que existen no concello. Neste catálogo recollerase información detallada sobre cada un dos grupos ou artistas de xeito que as entidades interesadas e organizadoras de actividades poidan programar tomando como referencia este catáogo e atopen nel unha ampla oferta.
Bandas de música, masas corais, grupos de baile folclórico, música clásica, música tradicional, charangas, grupos músico-vocais, teatro, grupos de playback, pop-rock ou outras modalidades como as e animación infantil, audiovisual, ballet, cantautores, magos ou poetas.
O prazo de presentación estará aberto ata o 6 de marzo ás 23:59 horas e será preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible no apartado de Cultura da páxina web do Concello https://ponteareas.gal/servizos/cultura/bases-cultura/

Deja un comentario