+034 986 09 02 04 Xoves 06 de Agosto de 2020

Ponteareas recoñecerá ás mulleres  que romperon barreiras no mundo do deporte


A concellería de Igualdade adianta as iniciativas que por acordo da Corporación terán lugar con motivo do Día Internacional da Muller
A Concelleira de Igualdade, Verónica Carrera, informa dos actos programados con motivo do Día Internacional da Muller, acordados por todos os grupos políticos que forman a Corporación (BNG, PSOE, PP e ACIP) para por en marcha diversas iniciativas que teñen como obxectivo o recoñecemento da labor realizada polas mulleres de Ponteareas, tanto a nivel persoal, laboral ou social, así como pola súa repercusión no térmo municipal, no núcleo urbano ou no rural.
Con motivo do vindeiro 8 de marzo, día no que internacionalmente recordamos a importancia e a aportación das mulleres en tódalas súas facetas, “pretendemos que se visibilice por igual os logros acadados polas mulleres coa finalidade de rematar coas discriminacións, estereotipos de xénero e situacións inxustas derivadas da sociedade patriarcal”, explica a concelleira.
Neste ano 2020, Ponteareas recoñecerá en concreto á traxectoria deportiva, valorando o esforzo persoal e a superación das dificultades e barreiras, daquelas mulleres de Ponteareas pioneiras en diferentes modalidades totalmente masculinizadas ao longo da historia.
Por este motivo á homenaxe á muller deste ano 2020, que se celebrará o domingo 15 de marzo ás 18 horas no Auditorio Reveriano Soutullo, as mulleres da nosa vila que conseguiron destacar nas disciplinas deportivas do taekwondo, do ciclismo, fútbol, atletismo e balonmán. Ao remate, ás 19 horas, a cantante, gaiteira e pianista Guadi Galego ofrecerá un concerto en homenaxe a todas as mulleres de Ponteareas.
A este acto está convidada toda a cidadanía que poderá amosar o seu apoio e recoñecemento a estas mulleres que exemplifican o esforzo diario de moitas máis mulleres que superan barreiras e fan posible que se avance no logro da igualdade.
A concelleira Verónica Carrera lembra a importancia de traballar a diario a prol da igualdade deseñando políticas que ofrezan accións de respaldo ás mulleres como as recollidas no plan de igualdade do Concello de Ponteareas pero que sexan tamén extensivas a toda a cidadanía porque a igualdade é cousa de toda unha socidade, “é preciso traballar en conxunto con estratexias que abarquen a todas as idades e colectivos con acciónS específicas para cada sector e que todas teñan un fío condutor, unha sociedade comprometida coa igualdade”

Deja un comentario