+034 986 09 02 04 Luns 30 de Novembro de 2020

A Xunta participa nunha andaina en Sanxenxo en homenaxe ás mulleres que loitaron por unha sociedade igualitaria


A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou hoxe na “Ruta da Igualdade Emilia Pardo Bazán”, coa que o Concello de Sanxenxo homenaxea ás mulleres que ao longo da historia loitaron a prol da igualdade e por unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Durante o percorrido fixéronse varias paradas para render tributo a mulleres como Emilia Pardo Bazán ou Concepción Arenal. A Xunta tamén recoñece a contribución de persoas e institucións a favor da igualdade entre mulleres e homes en Galicia coas Medallas Emilia Pardo Bazán, que se concederon en 2019 por primeira vez. Ademais, desde 2007 homenaxea ás mulleres destacadas na ciencia e na tecnoloxía na nosa comunidade co Premio María Josefa Wonenburguer.

Deja un comentario