+034 986 09 02 04 Xoves 02 de Xullo de 2020

Concello e Club de Atletismo comunican o aprazamento da carreira “Porriño 10K” á vista das recomendacións sobre o coronavirus


O Concello e o Club de Atletismo comunican o aprazamento da carreira “Porriño 10 K” que ía ter lugar o vindeiro domingo día 15. A decisión adoptouse este serán á vista das recomendacions preventivas das autoridades sanitarias e do Consejo Superior de Deportes sobre o coronavirus.
A inscrición para esta carreira que se realizaba a través da páxina web championchipnorte acadou hoxe os 1300 e as previsións do Concello e do club organizador eran que se superarían os 1500 participantes, cantidade á que habería que engadir 100 voluntarios para manter a seguridade e o numeroso público que seguiría a proba polas rúas de O Porriño.
Todos estes datos tiveronse en conta para tomar a decisión preventiva de aprazar a carrerira “Porriño 10K” ata nova data, ainda por determinar.

Deja un comentario