+034 986 09 02 04 Venres 24 de Novembro de 2017

Adecuación, mellora e ampliación de infraestructuras públicas en Arbo:


Parques infantis e alumeado público e proxecto de efficiencia enerxética do alumeado público no núcleo urbán do concello de arbo

O Concello de Arbo o abeiro da Orde do 22 de decembro de 2014 en virtude da Resolución da Vicepreseidencia e Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pretende levar a cabo a adecuación, mellora e ampliación de varias infraestructuras públicas dentro do territorio do Concello de Arbo, levando a cabo as obras consistentes en adecuación á normativa en materia de parques infantís. Ditas actuacións consisten na melloras e adecuación á actual normativa vixente sobre espazos infantís do parque existente na Alameda de Turbela ao carón do Centro de Saúde e do existente en San Xoán de Barcela ao carón do P.A.I.
As obras de adecuación e mellora nos parques existente en Turbela e Barcela xa remataron.
Asimismo, e co fin de lograr unha maior eficiencia enerxética no alumeado público do núcleo urbán na estrada PO-400 nas zonas Antonia Tovar e San Benito, debido a que a instlación actual atópase en estado deterioro con obsolencia da tecnoloxía empregada (lá,àras e luminarias) procedese o abeiro da Orde do 24 de novembro de 2014 da Conselleria de Vicepresidencia e Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a executar o proxecto de eficiencia enerxética do alumeado publico do núcleo urbán do Concello de Arbo.
As actuación consiten en substitución das lámpadas e luminarias de vapor de sodio por luminarias novas de tecnoloxía LED máis eficientes, instalación dun controlador de centralización nos cadros de mando para poder controlar, punto a punto, os novos puntos de luz instalados, revisión da posta a terra do cadro, examinado e comporobación das proteccións eléctricas de cada liña coas novas cargas, e comprobación e conexión das partes metálicas accesibles dos soportes das luminarias así como das propias luminarias.

Deja un comentario