+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

O Concello de Moraña suspende a Escola de Enerxía, a representación de “Soa” e as Escolas Deportivas Municipais


A charla enerxética programada para esta tarde e o espectáculo “Soa” fixado para mañá aprázanse e fixarase unha nova data tras esta crise

O Concello de Moraña vén de decretar a suspensión da Escola de Enerxía e da representación de “Soa”, programadas para estes días no Edificio Multiusos, e tamén as Escolas Deportivas Municipais, que roldan os 300 participantes, pola crise sanitaria do coronavirus.
Así, a Escola de Enerxía, que se ía desenvolver esta tarde en colaboración coa Fundación Naturgy para asesorar no aforro enerxético ás familias, e o espectáculo “Soa” de Rogelia dos Outeiros, fixado para mañá ao serán e vencellado á programación do 8 de Marzo, aprázanse sine die e fixarase unha nova data para a súa celebración no futuro.
Nesta liña, o Concello de Moraña tamén decidíu que as Escolas Deportivas Municipais, que están a impartir clases de sete modalidades diferentes e que aglutinan a gran parte dos cativos de entre 5 e 16 anos do municipio, quedan suspendidas por completo dende a xornada de hoxe e, alomenos, durante os vindeiros quince días.
A alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, explicou que o Concello tomou esta decisión “por responsabilidade e completamente convencido do que fai, porque o máis importante de todo é preservar a saúde da nosa veciñanza”. En calquera caso, solicitou desculpas polas posibles molestias ocasionadas por estas suspensións, pero admitíu que a comprensión é “unánime” por parte de todos os cidadáns

Deja un comentario