+034 986 09 02 04 Luns 01 de Xuño de 2020

O CONCELLO PECHA OS PARQUES INFANTÍS E TOMA NOVAS MEDIDAS PARA LOITAR CONTRA O CORONAVIRUS


  • Abel Caballero anunciou este venres novas medidas para combater a pandemia do COVID-19. Así, avanzou que firmou unha resolución na que aumenta as medidas destinadas a minimizar o risco de contaxio, como suspender a Festa da Reconquista ou pechar os parques infantís.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recomendou sosiego e tranquilidade a toda a cidadania ante a situación extraordinaria xerada polo COVID-19. Ademais, informou de que aprobou este xoves unha resolución acordando a creación do Comité de Seguimento de evolución do COVID-19 e varias medidas destinadas a minimizar o risco de contaxio do coronavirus e a protección da poboación e o persoal municipal seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias. Esta medidas mantense ata o 29 de marzo.

En declaracións públicas, Caballero fixo un chamamento á «calma» e á «responsabilidade» cidadá, porque se procura «protexer á poboación» coas medidas adoptadas: «Hai que evitar aglomeracións, estar o máximo posible na casa», reclamou o alcalde, quen insistiu en que «convén illarse o máis posible» e evitar o contacto próximo entre persoas.

Segundo explicou o rexedor, os acordos adoptados son os seguintes:

  • Suspensión de todos os actos públicos organizados polo Concello e actividades e programas municipais que non teñan carácter asistencial básico. Darase publicidade na páxina web
  • Posibilidade de establecer sistemas de traballo non presencial en situacións de conciliación persoal ou familiar aconsellados, acollerse ao réxime de flexibilidade horaria e reorganizar o traballo que resulte necesario
  • Instamos aos contratistas municipais a adoptar medidas precisas para mitigar o risco de contaxio do coronavirus. Xa adoptaron medidas preventivas Aqualia, FCC, Urbaser, Vitrasa, Máis que Auga e cooperativas de taxis.
  • Peche ao público de algunhas instalacións municipais:
    • Bibliotecas: Neira Vilas, Fundación Penzol Biblioteca Juan Compañel, Salas de Lectura de Mar de Vigo e de Navia
    • Museos: Casa das Artes, Arquivo Pacheco, Fundación Laxeiro, Casa Galega da Cultura, Verbum, Museo Quiñones de León, Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, Museo Liste, Fundación MARCO
    • Auditorios: Auditorio Municipal de Vigo, Auditorio Mar de Vigo
    • Centro de Iniciativas de Emprego: Centro Sociocultural de Valladares, Centro de Emprego de Ríos-Teis, Aula CeMIT, Centro Municipal de Bouzas, Centro Municipal do Casco Vello, Centro Municipal de Coruxo, Centro Municipal de Saians, Centro Municipal de Teis
    • Escolas Infantís Municipais: Santa Cristina, Atalaia, Santa Marta, Costeira, Tomás Alonso, Bouzas, Mestres Goldar, Navia
    • Escolas Municipais de Teatro, Música, Danza, Música Tradicional y Folk, Artes y Oficios
    • Casa da Xuventude, Ludotecas en sedes de APAMP, CRAC Coruxo y AVDC Lavadores
    • Centro de usos múltiples Vigosónico
    • VIGO ZOO A Madroa
    • Turismo: Oficina del “Centro de interpretación de la ría” (CRV)
    • Instalacións deportivas municipais: complexos deportivos do Carmen, Teis, Valadares, Travesas, Samil, ETEA e Navia, pavillóns do Berbés, Bouzas, Coia, Teis e Castrelos, Coruxo, Valladares, Bembrive, Lavadores, Carballal, Sárdoma e Candeán; campos de fútbol municipais de Monte da Mina, Bouzas, Meixoeiro, San Andrés de Comesaña, Carballal, Candeán, A Guía (Teis), Sárdoma, Campo del Vao (Coruxo), Fragoselo e Pistas de Atletismo de Balaídos
  • Aprazada Reconquista (pendente de nova data)
  • Pechados parques infantís. Pedimos responsabilidade á cidadanía para que non elimine as cintas que colocaremos para restrinxir os accesos
  • Mercadillos: quedan cancelados durante os próximos quince días. O domingo, o de Bouzas; o mércores, o de Coia
  • Revisión de todos os eventos autorizados desde Seguridade e revocar todos aqueles que sexa necesario
  • Becas de comedor: acordamos costear os recursos das familias para que poidan facer fronte á alimentación dos nenos. É necesario poñerse en contacto co Concello de Vigo a través de Benestar Social ou do 010 para acordar a forma na que procederemos a adiantar os recursos económicos.
  • Servizo de axuda a domicilio: 500 auxiliares que atenden a domicilio recibirán material preventivo para poder seguir ofrecendo o servizo
  • Estamos preparando protocolos de acceso á lonxa e ao edificio do Concello
  • Bodas: sen invitados
  • Limpeza:
    • FCC aplicará un sistema de mesmo turno, mesmo personal, mesma ruta, mesmo horario.
    • Desinfección diaria de vehículos, especialmente zonas de superficie de contacto
    • Desinfección urbana de maneira regular das zonas de posible afluencia cidadá con produtos desinfectantes, pulverizacións manuais, limpadores de agua quente e decapadores
    • Limitamos o acceso a ascensores de Vigo vertical con cartelería e limpeza permanente

Deja un comentario