+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Decembro de 2018

Os rapaces e rapazas da Ludoteca de Verán participarán nun concurso sobre consumo e lecer


Trátase do concurso “Xincana Lecer, Publicidade e TIC” que organiza a Escola Galega de Consumo dentro do programa LecerConsumo 2015 do Instituto Galego de Consumo e que está dirixida a rapaces e rapazas entre 8 e 16 anos

Os asistentes á Ludoteca de Verán do Concello do Grove contarán mañá cunha actividade distinta. Trátase dunha Xincana na que terán que superar distintas probas ata chegar a elaborar un vídeo. A idea é que os rapaces e rapazas reciban información clara e directa sobre a importancia do lecer e, sobre todo, sobre cómo debe consumirse en relación o mesmo: entender a publicidade dos xoguetes, as alternativas de lecer responsable, as posibilidades de entretenemento e uso responsable das TIC, etc…

A actividade, que se desenvolverá durante todo o día, culminará coa elaboración dun vídeo feito polos propios alumnos e alumnas no que deberán anunciar algún tipo de actividade de lecer que poida realizarse no Concello, manexando os conceptos aprendidos. O vídeo será subido ó Facebook da Escola Galega de Consumo e permanecerá en exposición pública entre o 4 de setembro ás 14.00 horas ó 11 de setembro ás 14.00 horas. O vídeo que obteña máis “Gústame” será o gañador da edición 2015 deste concurso.

Deja un comentario