+034 986 09 02 04 Xoves 09 de Abril de 2020

A Área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés instalou 116 mamparas de seguridade en postos de información de 34 centros de saúde e nos tres hospitais coma medida preventiva ante o COVID-19


 

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés instalou durante os pasados 16 e 17 de marzo de 2020 un total de 116 mamparas de seguridade repartidas en postos de información e mostradores de 34 centros de saúde, Puntos de Atención Continuada e nos hospitais do Salnés, Montecelo e Provincial coma medida preventiva ante o COVID-19.

Cun orzamento de 17.000 euros, a Administración Sanitaria Pública galega procedeu a instalar en dúas xornadas de traballo e en horarios especiais estas frontes acristaladas de separación con marcos laterais de madeira, a razón de 82 unidades repartidas en 34 centros de saúde e PAC´s e 34 mamparas nos tres centros hospitalarios.

Deja un comentario