+034 986 09 02 04 Venres 03 de Xullo de 2020

A Xunta reparte entre os concellos da área territorial da delegación de Pontevedra un primeiro envío de 3.122 mascarillas e 17.689 guantes


Neste primeiro reparto se están atendendo as peticións máis urxentes que os municipios trasladaron a través da FEGAMP

A Xunta, a través da delegación territorial de Pontevedra, iniciou esta mañá o reparto entre os concellos da provincia do primeiro material urxente de protección para atender ao persoal que segue desenvolvendo funcións nos distintos servizos municipais. Concretamente, repartíronse esta mañá 3.122 mascarillas e 17.689 guantes entre 33 municipios pontevedreses.

Ademais, desde a Delegación organizouse tamén a actuación do Servizo de Defensa Contra Incendios para levar a cabo a desinfección dos exteriores das residencias de maiores e discapacitados e dos centros de saúde. Concretamente, nesta provincia levouse a cabo, no día de hoxe con estes equipos de limpeza, actuacións na residencia de maiores de Covelo, na residencia de San Pedro en Crecente e na nosa señora dos Dores en Forcarei.

Por outra banda, a rede de centros educativos da Xunta tamén pon a disposición todo o material susceptible para a loita contra o Covid-19.

O Posto de Mando Avanzado, constituído o pasado sábado, está composto polo delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís, representantes de todas as xefaturas territoriais, representantes de emerxencias e da policía autonómica.

Entre os cometidos do Posto de Mando Avanzado está centralizar as peticións dos concellos en relación coas necesidades de material, en coordinación coa FEGAMP que xa conta cun formulario na súa web para recoller esa información.Ademais, actúa como un punto de información para os concellos.

O Punto de Mando Avanzado tamén está canalizando a través do 112 as ofertas de donación de material que se reciban nas delegacións. Tamén está organizando a distribución do material a concellos, GES e UPA, cando se dispoña do mesmo, dacordo coas necesidades e instrucións establecidas polo CECOPI (Centro de Coordinación Operativo Integrado).

Deja un comentario