+034 986 09 02 04 Xoves 09 de Abril de 2020
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

#COVID19 A Deputación pon preto de 750.000 euros ao dispor dos concellos da comarca de Vigo para que poidan afrontar emerxencias sociais


Estas achegas enmárcanse nas axudas en materia social por importe de máis de 4 millóns de euros para os concellos máis pequenos da provincia

Hoxe publícanse no BOPPO a nova liña de Axudas Sociais Extraordinarias, o Plan de Servizos Comunitarios Básicos e o SAF, así como o novo Fondo de Liquidez do ORAL, que ascende a 21 millóns de euros

Os nove concellos de menos de 20.000 habitantes da comarca de Vigo xa teñen á súa disposición 733.500 € en axudas para emerxencias sociais, que a Deputación de Pontevedra pon en marcha para facer fronte ás novas necesidades da crise sanitaria do coronavirus. Hoxe publícanse no BOPPO a nova liña de Axudas Sociais Extraordinarias, e o Plan de Servizos Comunitarios Básicos e o SAF, que xunto ás Axudas de Emerxencia, constitúen un fondo que ascende a máis de catro millóns de euros destinado aos concellos máis pequenos da provincia. (0,5 millóns de € das Axudas Básicas de Emerxencia, 2,2 millóns de € do Plan de Servizos Comunitarios Básicos e SAF e 1,3 da nova liña de Axudas Extraordinaria). En concreto, os concellos da comarca de Vigo que xa poden pedir as axudas son Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, Porriño, Salceda de Caselas e Soutomaior.

Máis polo miúdo, o concello de Baiona recibirá preto de 82.000 € da Deputación de Pontevedra distribuídos entre 10.200 € de axudas de emerxencia, 51.310 € da liña de axudas sociocomunitarias e SAF e 20.320 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación.

No caso de Fornelos de Montes as axudas son de máis de 61.000 € dos cales 7.650 € proveñen das axudas básicas de emerxencia, 26.395,61 € da liña de axudas sociocomunitarias e SAF, 12.700 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación e outros 14.556,15 € segundo índice de envellecemento.

Pola súa banda o concello de Gondomar beneficiarase de máis de 86.000 € da Deputación de Pontevedra distribuídos en 10.200 € das axudas básicas de emerxencia, 55.514 € das axudas de servizos sociocomunitarios e SAF e 20.320 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación.

As axudas para o concello de Mos ascenden a case 100.000 € dos cales 10.900 € correspóndense con axudas de emerxencia, máis de 65.800 cos servizos sociocomunitarios e SAF e 22.860 € coa nova liña de axudas extraordinaria segundo tramos de poboación.

No caso de Nigrán as achegas son de máis de 95.700 € distribuídos en 10.400 de axudas de emerxencia, máis de 62.500 € de servizos sociocomunitarios e SAF e 22.860 € da nova liña de axudas extraordinaria segundo tramos de poboación.

As axudas da Deputación de Pontevedra para Pazos de Borbén son de máis de 60.800 € dos cales 9.500 € correspóndense coas axudas de emerxencia, 24.094,05 € cos servizos sociocomunitarios e SAF, 12.700 € da nova liña de axudas extraordinaria segundo tramos de poboación e 14.556,15 € segundo índice de envellecemento.

Pola súa banda Porriño percibirá máis de 103.000 € dos cales 10.900 € proveñen das axudas de emerxencia, case 70.000 € dos servizos sociocomunitarios e SAF e 22.860 € da nova liña de axudas extraordinaria segundo tramos de poboación.

O concello de Salceda de Caselas recibirá máis de 87.300 € dos cales 9.500 € proceden das axudas de emerxencia, máis de 60.000 € dos servizos sociocomunitarios e SAF e 17.780 € da nova liña de axudas extraordinaria segundo tramos de poboación.

Por último, Soutomaior vai beneficiarse de máis de 57.000 € dos cales 9.500 enmárcanse nas axudas de emerxencia, máis de 30.000 € para os servizos sociocomunitarios e SAF e 17.780 € proceden da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación.

Amais destas axudas aos concellos en materia social, o goberno da Deputación de Pontevedra tamén vén de publicar hoxe no BOPPO as axudas de anticipos tributarios do novo Fondo de Liquidez do ORAL, dotado con 21 millóns de euros para os concellos que teñen delegadas as súas competencias.

Deja un comentario