+034 986 09 02 04 Venres 03 de Xullo de 2020

O servizo de Farmacia do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra activou un sistema de transporte e dispensación de medicacións a domicilio coma medida preventiva ante o COVID-19


Dita iniciativa loxística evita desprazamentos de determinados pacientes con problemas para achegarse ata Montecelo a recoller os fármacos do seu tratamento

O servizo de Farmacia do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra ven de activar hoxe un sistema de transporte e dispensación de medicacións a domicilio na comarca, coma medida preventiva ante o COVID-19. Dita iniciativa loxística evita desprazamentos de determinados pacientes con problemas para achegarse ata Montecelo a recoller os fármacos do seu tratamento.

Un envío matinal diario, planificado polo servizo de Farmacia do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, distribuirá loxísticamente medicamentos a determinados domicilios da comarca, previa consulta farmacéutica telefónica consensuada con este servizo.

Así mesmo, o servizo de Farmacia continúa a dispensar no Hospital Montecelo todos os días da semana medicación -previa consulta telefónica dos usuarios en tratamento- e dende hoxe dispón preventivamente dunha zona balizada para vehículos, cara a achegar con maior comodidade e celeridade a dispensación externa dos fármacos por parte do persoal deste servizo, evitando deste xeito que os pacientes teñan que acceder ao interior do hospital para a súa recollida.

En estudo ampliar esta modalidade ao Salnés
A previsión loxística e asistencial da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés analiza nestes intres a posibilidade de estender próximamente esta nova modalidade externa de dispensación farmacéutica ao Hospital do Salnés, para dar cobertura á poboación do devandito Distrito Sanitario.

Deja un comentario