+034 986 09 02 04 Xoves 09 de Xullo de 2020

Moraña vai entregar preto de 2.500 quilos de alimentos a case 50 familias vulnerables co plan social fronte ao coronavirus


Esta iniciativa, posta en marcha coa colaboración da Cruz Vermella, estará activa durante o Estado de Alarma para paliar os seus efectos

O Concello de Moraña xa ten listo para entregar un gran lote de alimentos a familias
vulnerables e con poucos recursos ou a aquelas que estean a verse gravemente
afectadas como consecuencia dos perxuízos socioeconómicos derivados do Estado de
Alarma pola crise sanitaria do coronavirus. Así, e ao abeiro deste plan social
municipal, vanse facilitar case 2.500 quilogramos de comida a preto de 50 familias do
municipio para garantir a súa subsistencia durante estas semanas.
Esta iniciativa foi posta en marcha polo Concello de Moraña ante a actual situación e
desenvólvese en colaboración coa Cruz Vermella, que aporta un total de 2.122
quilogramos, incluíndo tamén produtos frescos e perecedeiros, mentres que a
administración local vai facilitar outros 300.
Ademais, segundo anunciou a alcaldesa, Luisa Piñeiro, este programa, que funciona
todo o ano para casos de exclusión social, vai estar especialmente activo durante o
Estado de Alarma para paliar os seus efectos, con repartos periódicos segundo as
necesidades sobre todo para familias con poucos recursos e cuxos cativos xantaban
habitualmente no comedor escolar, agora suprimido pola suspensión do curso lectivo.
Por outra parte, as medidas sociais habilitadas polo Concello do Moraña fronte ao
coronavirus inclúen, ademais desta axuda alimentaria para os colectivos máis
vulnerables, o transporte aos domicilios de subministros básicos, como alimentos,
produtos de hixiene ou medicamentos, para veciños en idade avanzada, persoas con
discapacidade ou mobilidade reducida e as citadas familias con poucos recursos.
Segundo lembrou a rexedora, poden solicitarse calquera destas axudas a través dos
teléfonos 986 553005, 639 705823 ou 647 286256, que tamén figuran nun bando
informativo difundido por todos os puntos informativos do municipio e polas canles
oficiais de comunicación do Concello.
Finalmente, dende o Concello mantéñense pechados, dende que se instaurou o
Estado de Alarma, todos os espazos públicos, como parques infantís, instalacións

Nota de Prensa

Luisa Piñeiro Arcos | 635 512 197 | alcaldesa@morana.org

deportivas e culturais ou o consistorio, entre outros, e estase levando a cabo un
protocolo de control para comprobar que non están a ser empregados, algo que está
a ser respectado completamente por parte da cidadanía.

Deja un comentario