+034 986 09 02 04 Luns 01 de Xuño de 2020

O concello entrega 54 «EPI» para protección do persoal do Servizo de Axuda no Fogar


O Concello de O Porriño, a través da Policía Local, fixo entrega hoxe de 54
traxes ou EPI (equipo de protección individual) de nivel III ao Servizo de
Axuda no Fogar (SAF) para garantir a seguridade dos traballadores que
prestan a diario atención domiciliaria a persoas dependentes e maiores.
Normalmente o SAF atende a 120 persoas. Pero nas actuais circunstancias
do estado de alarma, decidiuse rebaixar a atención domiciliaria a tan só 25
fogares que son os casos de extrema necesidade, según determinou o
departamento de Servizos Sociais do Concello.

REALIZASE HOXE O REPARTO URXENTE DE LOTES DE ALIMENTOS ÁS 40
FAMILIAS MÁIS NECESITADAS
Esta mañán Protección Civil do Concello do Porriño e o concelleiro de
Servizos Sociais, David Alonso iniciaron a entrega de lotes de alimentos
non perecedoiros ás 40 familias que segundo a valoración dos técnicos
municipais están nunha situación de maior necesidade. O departamento
de Servizos Sociais do Concello ten referenciadas a 150 familias que están
en situación de exclusión social que son recepetoras das axudas
alimentarias que se canalizan a través de “SOS Porriño”.
Os lotes de productos continuarán distribuindose esta tarde coa
colaboración da flota de repartidores da firma “Kebel Logistics” que
ofreceu a súa contribución de xeito desinteresado.
“Kebel Logistics”, é unha firma asentada en Barcelona que dispon en
Porriño dun parque móbil de 50 furgonetas que traballan habitualmente
no reparto a domicilio de pedidos de “Amazon”.

Deja un comentario