+034 986 09 02 04 Xoves 09 de Xullo de 2020

O Concello recibe un reforzo de material de protección por parte da Xunta de Galicia


Guantes, mascarillas e EPIs conforman o pack de axuda e reforzo de material, que será repartido entre os axentes da Policía Local e os operarios públicos que seguen traballando en servizos mínimos, como a brigada de limpeza ou Protección Civil. O Centro de Saúde e as empresas que traballan na atención a domicilio están “totalmente servidas” destes materiais, afirmou a alcaldesa, María Ramallo

A dotación de material de prevención é básica a nivel municipal para poder seguir loitando contra a
propagación do Covid19. Esta mañá, o Concello de Marín recibiu por parte da Xunta de Galicia un
reforzo de material de protección, que recepcionou a alcaldesa, María Ramallo.
Os packs de axuda da Xunta que chegaron á vila marinense están compostos por guantes, mascarillas e
EPIs. “Fundamentalmente, no noso caso é material pensado para a prevención de contaxios”, explicou a
alcaldesa, que detallou tamén que estas unidades serán repartidas entre os axentes da Policía Local e os
funcionarios públicos que manteñen a súa actividade dentro dos servizos mínimos: limpeza, Protección
Civil…
No que respecta ao Centro de Saúde, a alcaldesa aclarou que “están totalmente dotados deste tipo de
materiais, aínda que estamos en contacto para saber se nalgún momento precisan máis”. Do mesmo xeito,
as empresas que traballan en axuda a domicilio tamén están servidas destes packs, “polo que quedamos á
espera de que nos avisen no caso de necesitar máis unidades”.

Deja un comentario