+034 986 09 02 04 Martes 14 de Xullo de 2020

Primeiro detido en Mos, na zona de San Eleuterio, por incumplir a orde de confinamento polo estado de alarma decretado ante a crise do Covid-19


Onte pola tarde, ás 20.20 horas, axentes da Policía Local de Mos procederon á detención dun varón de 19 anos de idade, veciño de San Eleuterio, que se atopaba na área deportiva do barrio.

A Policía acudiu á zona ante as chamadas de dous veciños do lugar alertando da situación, atopando, na segunda das visitas, ao individuo deambulando pola rúa e negándose a retirarse ao seu domicilio. Foi detido polos axentes locais por desobediencia á autoridade e negativa a identificarse, e por incumprir o decreto do estado de alarma. Trasladárono de seguido ao cuartel da Garda Civil de Mos para proceder á súa identificación, onde o detido acabou identificándose. Agora procederase a dar conta do caso ao Xulgado.

Ademais deste primeiro detido, durante este estado de alarma pola crise do COVID-19, a Policía Local de Mos atópase realizando diariamente labores de patrulla do municipio en xeral e en especial vixiancia de parques, de establecementos de hostalería e comerciais e do Paseo do Río Louro.

Xa interpuxeron 15 sancións por mobilidade prohibida durante o estado de alarma: das cales 10 eran persoas camiñando e 5 en coche. Tamén realizaron 1 advertencia a un grupo de menores adolescentes xogando nun parque público.

Ademais resolven unha media de 50 dúbidas cidadáns diarias: atenden a unhas 40 chamadas telefónicas ao día e respostan sobre 10 mensaxes de Facebook diarios.

Como xa se informou en días pasados os axentes locais, en colaboración coa Garda Civil, incautaron diverso material sanitario: 11.000 luvas, 124,5 litros de alcohol sanitario e 510 mascarillas.

Ademais da Policía Local, os outros dous colectivos mosenses encargados da seguridade cidadá, o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, atópanse tamén a pleno rendemento nesta crise do COVID-19.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos ven de adquirir un novo vehículo para reforzar o seu servizo durante a presente crise do COVID-19. Desde que se declarou o estado de alarma polo coronavirus, o Servizo Municipal de Emerxencias conxuntamente coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil están a desenvolver un labor incesante e incansable as 24 horas do día.

Realizan traballos desde información cidadá mediante colocación de Bandos, megafonía, e infomación a pé de estrada, ata axuda a domicilio a persoas dependentes, coordinados co departamento de Servicios Sociais do Concello de Mos e a persoas con dificultade na compra en supermercados; ou recollida de animais mortos na vía publica e en domicilios privados. E de animais extraviados.

Desde o pasado 14 de marzo Emerxencias e Protección Civil de Mos tamén realizaron diversas outras actuacións como aporte de material de seguridade (EPIS) a outros servizos, asistencia a 4 accidentes de tráfico (A-55 e N-550), asistencia a 2 incendios (vivenda e vehículo substraído) e recollida e limpeza de prantas entre as rotondas das Angustias e A Costilleta, por actos de vandalismo.

Deja un comentario