+034 986 09 02 04 Xoves 09 de Abril de 2020
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

#COVID19 máis de 5.600 persoas dos concellos da provincia traballan en remoto cos plans tecnolóxicos da Deputación de Pontevedra


Na institución provincial son máis de 550 persoas as que están a desenvolver as tarefas desde os seus domicilios

Nestes momentos de confinamento, os plans tecnolóxicos que a Deputación de Pontevedra vén impulsando dende o 2016 nos concellos da provincia, están a posibilitar que ata máis de 5.600 persoas traballadoras poidan desenvolver as súas tarefas municipais con total seguridade dende os seus domicilios. Trátanse de iniciativas baseadas no traballo na nube, como a Administración Electrónica e o Padrón Municipal de Habitantes, da que se están a beneficiar de balde 53 e 31 concellos da provincia respectivamente.

Os concellos da provincia beneficiarios da tecnoloxía non precisan dispoñer de servidores locais ou infraestruturas específicas de telecomunicacións ao respecto, xa que os servizos préstanse gratuitamente a través da nube. Deste xeito, as persoas traballadoras dispoñen dun ordenador e conexión a Internet, executando deste xeito as súas funcións e tarefas en remoto, dende os seus domicilios, con total seguridade. Neste eido, en canto remate o estado de alarma e seguindo coa ampliación de servizos tecnolóxicos aos concellos, a Deputación de Pontevedra vai impulsar unha nova iniciativa, pioneira na administración local, dirixida a todas as entidades locais da provincia para a copia de seguridade na nube.

Pola súa banda o persoal da Deputación, dende a declaración do estado de alarma, está tamén a desenvolver as súas tarefas en remoto dende os seus domicilios. Deste xeito, son máis de 550 as persoas que se conectan para poder executar o seu traballo en remoto grazas ao plan de continxencia impulsado polo servizo de Novas Tecnoloxías da institución dende comezos de marzo, que consistiu no reforzo dos servidores informáticos, na configuración a distancia dos equipamentos informáticos e telecomunicacións e ata na cesión de material.

Deja un comentario