+034 986 09 02 04 Xoves 09 de Abril de 2020

Confirmado un positivo por coronavirus no centro de persoas sen fogar Raíña da Paz


Subdelegación do Goberno e Sergas poñen en marcha os seus respectivos protocolos de actuación, unha vez que o Concello lles comunica a situación

O Concello de Pontevedra coñeceu onte pola noite que unha das persoas aloxadas
no centro Raíña da Paz, deu positivo por coronavirus. Nese mesmo momento, o
Concello informou ás autoridades sanitarias e de orde público, do lugar do que se
trata para que puxesen en marcha os protocolos de actuación nestes casos.
Tanto a Subdelegación do Goberno como o Sergas activaron os seus respectivos
protocolos para velar pola seguridade das persoas acollidas, evitar máis contaxios e
coñecer o estado dos residentes.
Cabe lembrar que a residencia foi habilitada pola Concellaría de Benestar Social
para acoller ás persoas sen teito que habitualmente se atopan na cidade. Trátase
dun lugar espazoso, ben equipado e no que se acolleu a 25 persoas, todas elas
asintomáticas no momento de ingresar, entre o martes 17 e xoves, 19.

Deja un comentario