+034 986 09 02 04 Martes 14 de Xullo de 2020

A solidariedade tamén chega aos labores de limpeza no Concello de Marín


As empresas e a veciñanza de Marín entenden a necesidade de manter desinfectadas e limpas as rúas do termo
municipal, por iso empresas como Elnosa ou Agrícola Marín fixeron doazóns ao Concello e á Policía Local para

poder realizar estes traballos ca maior eficacia posible.

Marín, 26 marzo 2020
Loitar contra o coronavirus é unha tarefa de todos e todas. O pobo de Marín e o seu tecido produtivo son
conscientes da importancia que ten cumprir con todas as medidas de prevención e de hixiene fronte a
posibles novos contaxios e por iso día a día aumentan as mostras de solidariedade para co Concello e a
Policía Local.
Así, o Concello recibiu onte unha doazón por parte de Elnosa, consistente en 1.400 litros de hipoclorito e
en varias pantallas de seguridade para a súa correcta manipulación.
Por outra banda, a empresa Agrícola Marín tamén entregou esta mañá nas dependencias da Policía Local
unha sulfatadora eléctrica que se utilizará para esparexer desinfectante.
A estas dúas doazóns solidarias, súmase tamén a actuación de Adega de Ardán, que por iniciativa propia e
de maneira voluntaria, sempre en previa coordinación co Concello, está a axudar na desinfección e
limpeza de diversos puntos desta parroquia.
A alcaldesa, María Ramallo, agradeceu “todas estas mostras de solidariedade” e explicou que estes
labores de desinfección son “moi importantes” para poder manter en perfecto estado as principais rúas da
vila, co obxectivo de evitar que se produzan novos contaxios co movemento de persoas que se produce
dentro das excepcións recollidas no decreto de estado de alarma.

Deja un comentario