+034 986 09 02 04 Xoves 09 de Abril de 2020

O concello de Campo Lameiro destinará o material de prevención entregado pola Xunta a protexer ao personal municipal que traballa ao servizo dos veciños e veciñas do municipio


O alcalde Carlos Costa recolleu na Delegación 150 mascarillas, 300 luvas (guantes) e 15 traxes completos de protección individual

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa Domínguez, agradeceu á Xunta de Galicia a entrega de 150 mascarillas, 300 luvas (guantes) e 15 traxes completos individuais que serán entregados aos operarios municipais como protección mentras realizan as súas funcións habituais en contacto coa cidadanía.

Costa Domínguez agradeceu este primeiro envío de material da Xunta de Galicia, única administración que se preocupou en dotar ao persoal do Concello de Campo Lameiro de elementos para autoprotexer aos operarios e facilitar o seu traballo aprol da cidadanía.

“Unha das nosas prioridades é atender aos nosos veciños e veciñas nas mellores condicións posibles de seguridade tanto para eles como para os operarios que están facendo un importante labor de desinfeccións de rúas, lugares de paso, contedores, etc. para previr e minimizar ao máximo calquer avance que se poidera producir do coronavirus no noso municipio. Este material permitirano dar ese paso, o primeiro dos que seguiremos dando para combatir da mellor maneira posible esta pandemia”, sinalou o alcalde.

O rexidor de Campo Lameiro espera que desde outra administracións se aporte tamén aos pequenos concellos de material porque “a saúde da xente, tamén a dos que vivimos nos lugares máis humildes tamén é de vital importancia polo que lle agradecemos á Xunta todo o que nos envíe e canto máis mellor. Sempre é bo ter algo que nada e nós ata que a Delegación Territorial nos chamou para recoller o material non tiñamos nada. Os concellos temos que buscarnos a vida como podamos polo que agradecemos que, cando menos, nos chegaran neste primeiro envío 150 mascarillas, 300 luvas e 15 traxes EPI. Esperemos que cunda o exemplo e as demais administracións tamén nos axuden a combatir esta pandemia, tamén desde os concellos pequenos”, indicou Carlos Costa.

Deja un comentario