+034 986 09 02 04 Xoves 09 de Abril de 2020

A Oficina do Consumidor facilita as últimas medidas adoptadas polo Estado relacionadas cos consumidores


Subministro de enerxía, bonos sociais da luz, devolución de compras ou
renovación do DNI son algunhas das cuestións das que informan
A tenenta de alcalde Cristina Fernández, responsable da Oficina do Consumidor do
Concello de Ponteareas, traslada á veciñanza as principiais medidas que afectan aos
consumidores e consumidoras.
Mediante unha comunicación da OMIC colgada na páxina web do Concello de
Ponteareas, http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/03/Informaci%C3%B3n-da-
OMIC-do-Concello-de-Ponteareas-%C3%A1-cidadan%C3%ADa.pdf , infórmase das
medidas que foron adoptadas polo goberno de España o pasado 18 de marzo
relacionadas coas e cos consumidores en canto ao subministro de enerxía eléctrica,
gas natural e auga aclarando que os subministradores non poderán suspender o
subministro aos consumidores considerados vulnerables, vulnerables severos ou en
risco de exclusión social.
Na súa comunicación tamén adiantan que se prorrogou ata o 15 de setembro de 2020
a vixencia do Bono Social de Electricidade e recoméndase que se realice a súa
renovación na primeira metade do mes de agosto 2020.
Entre as cuestións que trasladan á veciñanza está que durante o estado de alarma ou
as súas prorrogas, interrómpese o prazo para a devolución dos produtos mercados en
tendas ou online.
Ademais, informan á veciñanza de que se prorroga por un ano máis a vixencia do DNI.

Deja un comentario