+034 986 09 02 04 Mércores 27 de Maio de 2020

Arbo, recibe material epi para o persoal do concello de Arbo


Concello de Arbo, recibe mascarillas, luvas e buzos completos con gorros para o persoal municipal que será repartido entre as traballadoras do SAD e o persoal que agora mesmo esta realizando as labores dos servizos varios de recollida, desinfección e limpeza.

 

 

O pasado xoves día 26, Horacio Gil, alcalde de Arbo, recibía na Delegación da Xunta en Pontevedra material de protección fronte o coronavirus cedido pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. En concreto, el Concello recibiu, neste primeiro reparto mascarillas, guantes de látex e buzos, que se engadiron ao material do que xa dispoñía o Concello, entre as traballadoras de Axuda a Domicilio Municipal e o persoal que agora mesmo está realizando as labores de desinfección no municipio

Dentro da liña de traballo que ven realizando o goberno arbense, dende o primeiro momento o Concello, dotou a todo o persoal do material necesarios para realizar os traballos con toda a seguridade, luvas, xel desinfectante de mans, mascarillas, fundas, xel desinfecante para os vehiculos municipais…

Outra medida adoptada polo goberno arbense para loitar contra a propagación do coronavirus, foi a entrega de xel desinfectante de mans e luvas aos comercios retallidas de Arbo, para que ofrezan os seus clientes para entrar nos locales

O Alcalde Horacio Gil, destacou a boa calidade dos equipos e a gran importancia, tendo en conta o difícil que se esta facendo a súa adquisión nestes momentos de crise sanitaria, e a súa gran importancia para que se segan prestando os servizos municipais, que agora son máis necesarios que nunca, con maiores parámetros de seguridade e de protección para os nosos traballadores e para o resto dos veciños e veciñas de Arbo.
O rexedor local agradece a colaboración da Xunta de Galicia, «que foi a única administración que se preocupou polos concellos e por Arbo, xa que ningunha outra se interesou polas nosas necesidades nin nos facilitou ningún equipo».

Deja un comentario