+034 986 09 02 04 Martes 20 de Outubro de 2020

A Iniciativa de humanización «Ao teu carón» xa recibiu 37 cartas e 27 imaxes de apoio e ánimo a persoas ingresadas na área sanitaria de Pontevedra e o Salnés ao illadas nos seus domicilios por mor do COVID-19


Ditas achegas, que se están a recibir por correo electrónico no Mail aoteucaron.pontevedra@sergas.es , distribuiránse agora entre os pacientes ingresados ou illados en casa, que recibirán ánimos e agarimo de persoas anónimas en idade infantil e adulta

«Ao teu carón», iniciativa de humanización que partiu da dirección de procesos de soporte da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, xa recibiu desde o pasado luns 23 de marzo un total de 37 cartas e 27 imaxes de apoio e ánimo a persoas ingresadas na área Sanitaria ou illadas nos seus domicilios por mor do COVID-19 .

Ditas achegas -que se están a recibir por correo electrónico no Mail aoteucaron.pontevedra@sergas.es – distribuiránse agora entre os pacientes ingresados nos hospitais da Área ou illadas en casa, que recibirán ánimos e agarimo de persoas anónimas en idade infantil e adulta, que amosan en conxunto un alto grao de sensibilidade e apoio coa actual situación provocada polo coronavirus.

Tamén enviaron misivas de ánimo ao Mail aoteucaron.pontevedra@sergas.es. varios centros educativos da comarca e un centro de saúde mental infanto-xuvenil. A autora máis nova que ata o de agora participou na iniciativa «Ao teu carón» ten 3 anos.

A través destas achegas diarias -cartas, debuxos, misivas, historias, etc- a iniciativa «Ao teu carón» anima a utilizar as emocións cara a fomentar actividade positiva que manteña activos aos pacientes en aillamento nesta área sanitaria.

Deja un comentario