+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

Arbo intensifica a desinfección do mobiliario urbano, contedores e núcleos de poboación


Son tres en total ás adegas de Arbo, As Laxas, Marqués de Vizhoja e Pazo Pondal, as que puxeron maquinaria e persoal para seguir coa desinfección. O alcalde Horacio Gil, coordina e supervisa os traballos de desinfección xunto co persoal das adegas e os voluntarios.

O Concello de Arbo intensifica estes días a desinfección das rúas, zonas de
paso dos veciños e veciñas, parques, xardíns…. coa finalidade de minimizar o
risco de infección por coronavirus. Estas tarefas realizadas coa colaboración de
tres adegas de Arbo, As Laxas, Marqués de Vizhoja e Pazo Pondal lévanse a
cabo seguindo os protocolos establecidos, supervisados e coordinados polo
alcalde, Horacio Gil
As Laxas, Marqués de Vizhoja e Pazo Pondal, seguen colaborando co
Concello de Arbo na aplicación de produtos desinfectantes nas rúas,
marquesiñas e lugares onde existe máis concentración de persoas e que se
fixo extensible aos núcleos de poboación de todas ás parroquias. O venres
Marqués de Vizhoja desinfectaba os núcleos da parroquia de Cequeliños,
Mourentán e o barrio de San Xoan, o sábado e domingo Pazo Pondal actuaba
nas parroquias de Cabeiras e Barcela e o luns As Laxas, continuaba coa
desinfección da parroquia de Sela.
AGRADECEMENTO DO ALCALDE AOS VOLUNTARIOS, ADEGAS,
PERSOAL MUNICIPAL, SUPERMERCADOS, TENDAS E A TODOS OS
ARBENSES
Horacio Gil, agradeceu a través dun comunicado a todos os que durante estes
difíciles momentos ofreceron e ofrecen a súa axuda; aos voluntarios, ás
adegas, que puxeron a disposición do Concello os seus traballadores e a
maquinaria precisa para poder desinfectar e limpar as rúas, as prazas, os
parques…chegando ao máximo de núcleos de poboación, un traballo
complicado, tendo en conta que Arbo é un concello rural con máis de 370
quilómetros de rede viaria e núcleos moi dispersos; ao persoal dos
supermercados e tendas de alimentación, das farmacias, dos quioscos, aos
panadeiros, aos carniceiros, aos transportistas, aos taxistas, ao persoal das
oficinas bancarias, aos agricultores e aos adegueiros, a toda a corporación
municipal, ao persoal municipal dos diferentes servizos, aos servizos sociais e do SAD que están a desenvolver as tarefas necesarias para que os colectivos
máis vulnerables e as persoas maiores do noso concello dispoñan das mellores
condicións e non saían das súas vivendas, facendo que para eles este
confinamento sexa o máis tranquilo e o máis levadeiro posible e a todos
aqueles traballadores e traballadoras de todos os sectores que conseguen co
seu esforzo, responsabilidade e espírito de sacrificio, que esta crise sanitaria
sexa máis soportable para todos.
Horacio Gil, remata agradecendo especialmente ás adegas As Laxas, Pazo
Pondal e Marqués de Vizhoja a súa disposición e colaboración, así como
tamén a todos e todas os voluntarios e voluntarias que participan nas labores
de desinfección.

Deja un comentario