+034 986 09 02 04 Domingo 20 de Setembro de 2020

Aviso COVID-19 no concello de Salvaterra de Miño


 

O Concello de Salvaterra de Miño ponse a disposición de todas aquelas persoas que se encontran en cuarentena ou que estean enfermos de COVID-19 (coronavirus), se non poden saír da casa para facer a compra ou ir á farmacia. Ademais desinfectaremos zonas exteriores nos domicilios e zonas comúns como ascensores e escaleiras en edificios, so teñen que chamarnos ao 697 911 050.

O Concello leva dende o minuto cero cunha labor intensiva de desinfección dos puntos máis concorridos do seu termo municipal, como son as entradas das farmacias, supermercados, gasolineiras, praza de abastos, estanco, polígono, paradas de autobús e contenedores. Unha labor que viñan realizando tres equipos de desinfección ao que dende un par de días se lle uniu un novo equipo que reforza a labor realizada ata o de agora.

Ademais de reforzar a atención as persoas máis vulnerables a través de servicios sociais e de activar un teléfono directo para atención psicolóxica.

Unha vez máis queremos dar as gracias a tod@s @s que colaboran, gracias aos que teñen que saír a traballar e gracias aos que se quedan na casa, porque xuntos superaremos esta situación.

Deja un comentario