+034 986 09 02 04 Domingo 09 de Agosto de 2020

O servizo municipal de augas informa das medidas excepcionais durante a crise sanitaria


A concellería de Benestar Social e Igualdade adianta que non se realizarán cortes no subministro por impagos
O Concello de Ponteareas informa das medidas adoptadas pola empresa xestora do
servizo municipal de augas, VIAQUA, con motivo do estado de alarma. No marco desta
situación temporal ampliarase o período de pago voluntario e non se executará
ningunha acción de reclamación de recibos unha vez teña vencido o pago. Ademais, a
concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, informa que non se
executarán as accións derivadas de reclamacións en curso nin cortes de subministro
por impago quedando anulados ata novo aviso.
Tamén quedan suspendidas as reclamacións vía telefónica e paralízase a presentación
dos expedientes por vía xudicial e a execución de sentencias.
O servizo municipal de auga desenvolverá traballos básicos que inclúen as operacións
de prestar servizo a novos solicitantes domésticos que o requiran e causas urxentes.
Os teléfonos de atención ao cliente non presenciais son para as avarías o 900 201 250
e para atención aos clientes o 900 201 230.

Deja un comentario