+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

Os portavoces da Corporación municipal reúnense telemáticamente para facer balance da crise sanitaria na vila


A alcaldesa, María Ramallo, e os portavoces do PP, PSOE E BNG, Manuel Santos, Manuel Pazos e Lucía Santos, para avaliar a xestión do Covid19 e mostrar a unidade da Corporación nestes momentos difíciles para toda a sociedade.

Os portavoces dos grupos políticos que integran a Corporación municipal de Marín
mantiveron onte unha reunión telemática, nas persoas da alcaldesa, María Ramallo, e os
portavoces do PP, PSOE e BNG, Manuel Santos, Manuel Pazos e Lucía Santos,
respectivamente.
Este encontro tiña como obxectivo facer un balance conxunto das medidas tomadas até o
momento a nivel local para loitar contra o coronavirus, que foron expostas por Ramallo.
Entre outras cuestións, concretouse como están a funcionar os servizos públicos ca
implantación do teletraballo e como se están a coordinar os traballos de limpeza e
desinfección das rúas de Marín.
Outra dos puntos abordados foi a coordinación do Concello coa Policía Nacional e coa
Policía Local. En ambos casos, practicamente o 100% da plantilla está traballando ao
completo, realizando a importante labor de garantir o cumprimento do estado de alarma.
Por outra banda, a alcaldesa compartiu cos portavoces a colaboración realizada pola Brilat
en dúas xornadas e a da UME, que adicou o seu tempo na vila á desinfección da
Residencia da terceira idade.
En canto ás medidas económicas, Goberno local e oposición comentaron aquelas que se
foron tomando en función de como avanzaba a situación a nivel estatal, como foi a
paralización do prazo dos tributos que estaban ao cobro, ou algunhas futuras iniciativas,
como a devolución de taxas cuxo servizo non se está a prestar, como sucede co
mercadillo, as terrazas ou as taxas de recollida de residuos.
A alcaldesa trasladoulle aos portavoces dos grupos da oposición que se están a axilizar os
pagos aos provedores “o máximo posible”. “Séguense a conformar facturas e fanse tamén
relacións de facturas”, asegurou a rexedora.
No que respecta ao material de protección, o Goberno local destacou que a vila está nestes
momentos perfectamente cuberta, tanto no Centro de Saúde como no caso dos operarios
e traballadores públicos e dos axentes dos corpos de seguridade.
Durante a sesión de traballo, os grupos políticos falaron tamén sobre a situación da obra
pública que estaba en execución antes da chegada da crise sanitaria e que, despois do
último decreto emitido polo Goberno estatal, está paralizada na súa totalidade.

Finalmente, revisáronse todas as medidas tomadas de carácter social, en vista a deseñar
novas iniciativas coas que se poida seguir atendendo a toda a poboación, especialmente
ás familias máis vulnerables. Tamén se falou sobre o funcionamento do CIM, que
continúa a prestar o seu labor a tempo completo por considerarse un servizo
absolutamente esencial.

Deja un comentario